CONCURSO NACIONAL DE PIANO 'COMPOSITORES DE ESPAÑA'

O Concurso Nacional de Piano "Compositores de España" celebrarase en Vigo do 26 de maio ó 1 de xuño de 2005.

O Concurso comprende tres categorías:

Categoría Infantil:
Límite de idade ata os 12 anos.

Categoría Xuvenil:
De 13 ata 17 anos.

Categoría Novo Concertista
De 18 ata 33 anos.

Cada ano dedicamos o Concurso a diferentes compositores españois.

Este ano, facemos a homenaxe ó noso compositor Antón García Abril, ofrecendo a oportunidade de escoitar as súas diferentes obras escritas para piano, ó igual que tamén teremos a oportunidade de escoitar obras escritas para piano de compositores galegos.

 FESTIVAL INTERNACIONAL DE PIANO VIGO 2005