CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN
Establécese o día 10 de maio de 2005 como data límite para formalizar as inscricións remitindo os seguintes documentos:
Xustificante de nacemento ou ouotr documento no que conste a data de nacemento e a nacionalidade do participante (unha fotocopia).
Dúas fotografías indicando ó dorso o nome e apelidos do participante.
Currículo Vitae no que se reflictan os datos persoais, estudios que cursa, lugar onde estudia, profesores e datos relativos á súa "actividade musical" (máximo un folio).
Se o concursante o estima oportuno, poderá adxuntar fotocopias de calquera documento que poida ofrecer información sobre as súas aptitudes, como por exemplo premios e diplomas obtidos noutros concursos, cartas de recomendación, comentarios de prensa, etc...
Dereitos de inscrición pola cantidade de 60€ libres de gastos, por transferencia á c/c nº 00978917270600423494.
Para transferencias desde Portugal os datos son os que seguen: IBAN ES93 00978917270600423494.BIC:GALIES2V.
Ningunha inscrición se considerará válida ata que non se reciba a cota de inscrición.Programa que o concursante vai realizar.
Boletín de Inscrición debidamente cuberto xunto coa fotocopia do ingreso realizado.
A dirección do CONCURSO NACIONAL DE PIANO "COMPOSITORES DE ESPAÑA" examinará as solicitudes de inscrición e informará ó interesado se a súa solicitude de inscrición foi aceptada ou non.
As Inscricións poderán remitirse por correo electrónico. As fotografías en formato BMP ou JPG.
