CONDICIÓNS XERAIS PARA AS TRES CATEGORÍAS
Pola proximidade entre España e Portugal poderán participar ademais de pianistas españois tamén portugueses nas tres diferentes categorías.
Os participantes da Categoría Infantil que desexen participar na Categoría Xuvenil poderán facelo, xuntando os correspondentes boletíns de inscrición e ingresando a cota de 60€ coma dereito de inscrición para cada unha das categorías.
Do mesmo xeito, participantes da Categoría Novo Concertista poderán facelo.
As solicitudes de inscrición deberán remitirse debidamente cubertas á Secretaría do Concurso:
CONCURSO NACIONAL DE PIANO
"COMPOSITORES DE ESPAÑA"
Urbanización Molino de la Hoz
c/Autillo, 12
28230 Las Rozas de Madrid España
E-Mail: cnpce@mayeusis.com
http://cnpce.mayeusis.com/Para as probas, nas diferentes categorías, os concursantes actuarán por orde alfabética. Esta orde poderá ser modificada por forza maior. O candidato deberá xustificalo e a dirección terá en conta os seus motivos, tomando una decisión definitiva.
O sorteo de actuación terá lugar o 26 de maio de 2005 ás 20.00 h. no Acto de Apertura do Concurso Nacional de Piano "Compositores de España", que se celebrará no Auditorio de Caixanova, Rúa Policarpo Sanz 24-26.
O Concurso disporá de pianos de estudio para ensaios nas instalacións de Mayeusis na rúa Areal nº138.Gravación: Tódalas categorías do Concurso son de carácter público. O C.N.C.E. resérvase o dereito de autorizar a radiodifusión e teledifusión dos Concertos e sesións, ó igual que o de realizar a gravación en calquera sopote musical ou vídeo a prol do Concurso.
Aloxamento: Os concursantes poderán chegar ó Concurso dende o día 26 de maio de 2005 debendo ter en conta a data e hora sinalada para poder probar a sala e o piano no que se realizarán as probas do Concurso, nas datas e horas designadas para cada categoría (ver calendario de cada categoría).
A reserva de hotel en Vigo será realizada por cada participante directamente. O Concurso xestionou prezos especiais dalgunhas estancias para concursantes e familiares. Para a reserva de prazas, os interesados deberán dirixirse ós citados hoteis, advertindo a súa participación no Concurso para beneficiarse dos prezos especiais xestionados (información: Fundación Mayeusis, ver apartado 9).
Tódolos días, ás 21:00h. se celebrará o Festival de Piano Vigo 2005. Tódolos concursantes e familiares das diferentes categorías están invitados.
O Xurado poderá interromper a actuación do concursante, sen que iso signifique ningún tipo de valoración.
O Xurado non está obrigado a conceder tódalas recompensas. As súas decisións son inapelables.O primeiro premio será indivisible mentres que os demais poderán selo.
Os concursantes premiados recollerán personalmente o seu galadrón no Acto de Clausura, que se celebrará ás 20.00 h. do día 1 de xuño.
Os premios están obrigados ás retencións correspondentes segundo a lei vixente.
Tódalas obras se interpretarán de memoria.
Para más información dirixirse a:
A Secretaría do Concurso (Las Rozas de Madrid)
eFundación Mayeusis
c/Areal 138 - 36201 Vigo - Pontevedra
Telf.: +34 986 226 378, +34 986 221 422
Fax: +34 986 435 309
E-Mail: info@mayeusis.com
http://www.mayeusis.com/
A dirección do Concurso poderá resolver todas aquelas situacións non contempladas no presente regulamento. Todo participante leva implícito a aceptación total das bases do Concruso.
