CATEGORÍA INFANTIL: LÍMITE DE EDAD ATA OS 13 ANOS
Para participantes que non teñan feito os 13 anos o día de iniciarse o Concurso (26 de maio de 2005).
Os concursantes de Categoría Infantil, realizarán unha única proba que consistirá na interpretación de:
- Unha ou varias obras do repertorio pianístico universal de libre elección polo concursante.
- Unha ou varias obras a elexir entre:
- Os Cadernos de Adriana nº 1, nº 2, e nº 3.
- Preludio de Mirambel nº1 do noso compositor homenaxeado Antón García Abril.
- Os concursantes que desexen optar ó Premio da Música Galega, deberán engadir unha obra dun compositor galego. Se non se presentan obras de música galega, este premio quedaría deserto. Para solicitar información sobre compositores galegos pode poñerse en contacto coa Secretaría do Concurso de Las Rozas de Madrid ou a Fundación Mayeusis (consulte a información de contacto nas Condicións Xerais do Concurso).
A duración total desta proba non poderá exceder os 15 minutos.
PREMIOS:
Primeiro premio:
Diploma e Premio de 600€
Segundo premio:
Diploma e Premio de 300€
Terceiro premio:
Diploma e Premio de 200€
Premio á Mellor Interpretación da obra de Antón García Abril:
Diploma e Premio de 300€
Premio á Mellor Interpretación da obra dun compositor galego:
Diploma e Premio de 300€
CATEGORÍA XUVENIL: DOS 13 ÓS 17 ANOS
Para participantes que non teñan feito os 18 anos o día de iniciarse o Concurso (26 de maio de 2005).
ETAPAS DO CONCURSO:
O Concurso constará dunha Primeia fase e Proba final.
Primeira fase
- Un Preludio e Fuga do Clave "Bien Temperado" de J. S. Bach.
- Sonata de Mozart oy Haydn.
- Un estudio de virtuosismo a escoller entre Chopin, Liszt, Rachmaninoff, Scriabin, Debussy, Prokofiev, Ligetti, Czerny, Cramer, Stravinsky ...
Proba final
- Unha ou varias obras importantes do repertorio pianístico universal de libre elección do século XIX ou XX.
- Unha obra do noso compositor homenaxeado Antón García Abril, cun tempo mínimo aproximado de 5 minutos, non existindo límite de tempo máximo, a elixir entre:
- Cadernos de Adriana nº 3
- Sonatina
- Preludio de Mirambel nº 1 e 5
- Tres Pezas Amantinas
Se algún concursante desexa interpretar algunha das obras de Antón García Abril indicadas na Categoría Novo Concertista, poderá facelo.
- Os concursantes que desexen optar ó Premio da Música Galega, deberán engadir unha obra dun compositor galego. Se non se presentan obras de música galega, este premio quedaría deserto. Para solicitar información sobre compositores galegos pode poñerse en contacto coa Secretaría do Concurso de Las Rozas de Madrid ou a Fundación Mayeusis (consulte a información de contacto nas Condicións Xerais do Concurso).
A duración total desta proba non poderá exceder os 15 minutos.
Non se aceptará a inclusión da mesma obra nas diferentes probas. As obras interpretaránse sen repeticións.
PREMIOS:
Primeiro premio:
Diploma e Premio de 2.000€
Segundo premio:
Diploma e Premio de 1.000€
Terceiro premio:
Diploma e Premio de 600€
Premio á Mellor Interpretación da obra de Antón García Abril:
Diploma e Premio de 600€
Premio á Mellor Interpretación da obra dun compositor galego:
Diploma e Premio de 600€
CATEGORÍA NOVO CONCERTISTA: DOS 18 ÓS 33 ANOS
Para participantes que non teñan feito os 33 anos o día de iniciarse o Concurso (26 de maio de 2005).
ETAPAS DO CONCURSO:
O Concurso constará dunha Primeia fase e Proba final.
Primeira fase
- Un Preludio e Fuga do Clave "Bien Temperado" de J. S. Bach.
- Unha Sonata de Mozart ou Haydn.
- Dous estudios de virtuosismo a escoller entre Chopin, Liszt, Rachmaninoff, Scriabin, Debussy, Prokofiev, Ligetti, Czerny, Cramer, Stravinsky ...
Proba final
Un recital de 60 minutos de duración no que se inclúa:
- Sonata de Beethoven.
- Unha obra importante do século XIX ou XX.
- Unha obra do compositor homenaxeado Antón García Abril, cun tempo mínimo aproximado de 5 minutos, non existindo límite de tempo máximo, excepto Os Cadernos de Adriana e as Tres Pezas Amantinas.
- Os concursantes que desexen optar ó Premio da Música Galega, deberán engadir unha obra dun compositor galego. Se non se presentan obras de música galega, este premio quedaría deserto. Para solicitar información sobre compositores galegos pode poñerse en contacto coa Secretaría do Concurso de Las Rozas de Madrid ou a Fundación Mayeusis (consulte a información de contacto nas Condicións Xerais do Concurso).
A duración total desta proba non poderá exceder os 60 minutos.
Non se aceptará a inclusión da mesma obra nas diferentes probas. As obras interpretaránse sen repeticións.
Na Proba Final prégase traxe escuro, smóking ou frac.
PREMIOS:
Tódolos premiados que desexen participar no Concurso Internacional de Piano "Compositores de España" de Las Rozas de Madrid, pasarán directamente á Segunda fase do Concurso do ano 2005.
Primeiro premio:
Diploma e Premio de 6.000€
Xira de concertos organizada polo Concurso Nacional de Piano "Compositores de España".
O gañador comprométese a tocar o programa do Concurso, incluíndo as obras españolas da Proba final.
Gravación de CD organizada por Fundación Mayeusis.
Se calquera das xiras de concertos nas datas programadas non as puidese realizar o Primeiro Premio, realizaraas o Segundo Premio.
Segundo premio:
Diploma e Premio de 3.000€
Terceiro premio:
Diploma e Premio de 1.500€
Premio á Mellor Interpretación da obra de Antón García Abril:
Diploma e Premio de 800€
Premio á Mellor Interpretación da obra dun compositor galego:
Diploma e Premio de 800€
